3 de novembro: Día Internacional das Reservas da Biosfera
Hoxe, 3 de novembro, celebramos o Día Internacional das Reservas da Biosfera,
unha ocasión para lembrar a riqueza natural e a responsabilidade que temos de coidar estes espazos únicos.
Na provincia de Lugo, a Reserva da Biosfera Terras do Miño ofrécenos un privilexio:
vivir rodeados de paisaxes intactas e biodiversidade pura.
No norte da reserva, o Xistral érguese como un dos puntos máis altos e emblemáticos,
mentres que no interior destaca o Pradairo, cos seus 1.029 metros.
O Xistral, situado entre a Terra Chá e o mar Cantábrico, é coñecido pola súa néboa persistente,
polos hábitats de turbeiras e pola súa grande importancia ecolóxica, tamén no marco da
Rede Natura 2000.
Para quen amamos subir montañas, hoxe a ascensión ten un encanto especial, pero tamén unha dificultade engadida:
o terreo mollado e esvaradío esixe atención, paciencia e respecto pola montaña. Cada paso convértese
nun pequeno acto de conexión coa natureza, unha maneira de valorar e protexer o entorno que nos rodea.
Subir non é só acadar unha cume, senón sentir a esencia da Reserva da Biosfera: a calma dos vales, a forza do vento
nas alturas e a beleza dunha paisaxe que nos lembra que este privilexio é tamén a nosa obriga de coidar.
Seguimos nordiqueando, deixando ás costas o cordal do Marco, a piques de saír do Concello de
Pol e entrar no Concello de Castro, camiño de Castroverde.
Camiñar tamén pode ser unha maneira de coidar.